A Asociación Cultural Castelo Conta é a antiga Comisión de festas de Castelo e está formada polas veciñas e veciños da parroquia de Castelo (Culleredo, A Coruña).
Os nosos obxectivos teñen moito que ver coa dinamización cultural do lugar no que vivimos, a conservación da memoria desta comunidade, e a defensa da contorna.

Recuperamos a historia e a memoria local
Organizamos encontros interxeracionais para reconstruir a identidade local e axudar a transmitila, grazas a un grupo de veciñas e veciños especialmente implicados na recuperación da memoria a través da oralidade.

Preservamos do patrimonio cultural inmaterial
Pensamos proxectos a longo prazo para poñer en valor a nosa tradición oral, facendo por difundila a través de varias iniciativas e actividades ao longo de todo o ano, e en especial, no festival que organizamos cada mes de agosto.

Dinamizamos e vertebración do territorio
Falamos do rural e achegamos propostas de interese cultural para as persoas que o habitamos, revitalizando os espazos desde dentro, coa mirada posta na sostibilidade mediambiental, cultural e social.
Quen somos?
A Asociación Cultural Castelo Conta está formada por un grupo de veciñas e veciños comprometidos coa dinamización do entorno no que viven. Na actualidade, o presidente da asociación é Antonio Fero..

Noticias relacionadas
Avanza o proxecto de cooperación ‘Mulleres que contan’ en Baroña, Manzaneda, Triacastela e Paradela
A iniciativa promovida polos Grupos de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, Miño Ulla, Ribeira Sacra-Courel e Deloa en colaboración co Castelo Conta achégase ao final da primeira fase de obradoiros logo de varias xornadas de actividades relacionadas coa linguaxe fotográfica ou a simboloxía.
Nace ‘Mulleres que contan’: as mulleres de Castelo exportan o seu documental colaborativo
Catro grupos de Baroña (Porto do Son), Manzaneda, Triacastela e Paradela participarán durante todo un ano nesta iniciativa, promovida por distintos Grupos de Desenvolvemento Rural en colaboración coa Asociación Cultural Castelo Conta.
Antonio Fero, reelixido presidente da Asociación Cultural Castelo Conta
Liderará a Xunta Directiva máis numerosa da historia da entidade, con doce membros, dos cales dez son veciñas e veciños de Castelo.
Asemblea aberta e eleccións á Xunta Directiva da Asociación Cultural Castelo Conta
A Asociación Cultural Castelo Conta convoca asembleas ordinaria e extraordinaria electoral, de conformidade cos seus estatutos, e coa Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
‘Espazos que contan en Castelo’: o 9 de maio participamos en Vedra no festival MARCO
A primeira edición da Mostra de Arquitectura Rural celebrarase entre o 9 e o 11 de maio para poñer en valor a relación entre arquitectura, arte e comunidade. Está organizado por ELO arquitectura e o Concello de Vedra, e patrocinado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
O Castelo Conta participa en Boiro no ciclo ‘Acceso á cultura 2025’
O Consello da Cultura Galega convidou a Xosé A. Touriñán para explicar o noso modelo de festival en canto á participación da cidadanía, xunto co Feirón Mariñeiro de Rianxo, Contos do Mar, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, Escora Danza, e Pasabodeghas.
“Os maiores son os grandes mestres de todo o que buscamos neste tempo: respecto ao entorno, aproveitamento dos recursos…”
Xosé A. Touriñán participou este mércores no X Encontro Cultura y Ciudadanía, organizado polo Ministerio de Cultura en Santiago, no que o Castelo Conta foi convidado a participar nunha mesa de proxectos e no espazo expositivo.
O Ministerio de Cultura escolle ao Castelo Conta para participar no X Encuentro Cultura y Ciudadanía
Celebrarase nas sedes do CGAC e do Museo do Pobo Galego do 24 ao 26 de setembro, coa participación de 25 proxectos de toda España. O festival será unha das quince iniciativas con espazo expositivo, e tamén participará nunha mesa de debate sobre memorias colectivas, transmisión y resemantización.







