No Castelo Conta viaxamos por todo o mundo a través dos aromas de Cafés Lúa. Durante a mañá do venres 29, a veciñanza e os pais e nais da cativada asistentes a Xente Miúda achegáronse a Casa Rodríguez, a taberna do festival, para degustar os seus cafés artesanais.
Fundada por Luz e Antonio en Carballo hai 35 anos, esta empresa familiar mantén viva a esencia do traballo ben feito, con coidado, tempo e compromiso. A través do seu oficio artesanal, Cafés Lúa permitiunos achegarnos a sabores doutros continentes, mantendo sempre as súas receitas naturais que non deixan a ninguén indiferente.
A degustación con Cafés Lúa converteuse nunha mañá para desfrutar, sorprenderse e probar.














