O décimo día do Castelo Conta en fotos

A Romaría do San Ramón foi a encargada de despedir o Castelo Conta deste ano. Desde cedo soaron as gaitas na tradicional alborada e, mentres na capela se celebraban as misas, os coches clásicos percorreron as aldeas ata chegar a Castelo.

A xornada seguiu cunha pulpada popular na polideportiva e a sesión vermú da Orquestra La Ocaband, que animou a tarde a ritmo de festa. Un peche que xuntou veciños e visitantes para celebrar todo o vivido durante a semana e marchar coa mirada posta na vindeira edición.

Na Alborada, os gaiteiros percorreron as aldeas de Castelo.
Na capela celebráronse misas.
Os coches clásicos desfilaron polas rúas de Castelo.
A Romaría do San Ramón continuou coa pulpada.
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.