O oitavo día do Castelo Conta en fotos

A xornada arrincou co último día de Xente Miúda, cunha representación de Inventi Teatro e un obradoiro de canto con Sés. Despois, chegou a cata de Cafés Lúa, unha viaxe polos aromas do café artesanal na Casa Rodríguez. Na sesión vermú a taberna cobrou vida coa música de The Rapants, mentres Chisco Jiménez se puxo á fronte dos fogóns.

Pola tarde celebramos unha nova entrega dos Contos de Castelo, con Fátima Pego guiando as historias e lembranzas da aldea. A noitiña, Touriñán e Carlos Blanco fixeron rir a todo o público co seu show ‘Somos Criminais e punto final’, e Zënzar puxo a música final a outro día inesquecible .

Inventi Teatro en Xente Miúda.
Sés deu un obradoiro de canto.
Cata da man de Cafés Lúa.
The Rapants foi o grupo de hoxe da Sesión Vermú.
Chisco Jiménez trouxo os seus famosos callos.
Fátima Pego presentou o programa de hoxe de Contos de Castelo.
Houbo unha cata dos viños Vía Romana, de Méndez-Rojo.
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco interpretaron o seu show ‘Somos criminais e punto final’.
O grupo de rock Zënzar foi o encargado de pechar o día.
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.