O quinto día do Castelo Conta en fotos

A xornada comezou con Xente Miúda, na que percorreron a fraga de Cabrois para descubrir as árbores que alberga. Na sesión vermú tivemos cociñando aos chefs de A Horta do Obradoiro e a A Artesa da Crecha, a música que os acompañou foi a do grupo Abril.

Polo tarde continuamos cos Contos do Castelo, que esta vez foron en Vilaverde. Nos serán do Castelo Conta estivo o grupo Dislexia e Monoulios DOP, que pecharon o día por todo o alto.

O día comezou coa cativada de Xente Miúda visitando a fraga de Cabrois.
Juan e Luis explicaron que especies de árbores se poden atopar alí.
Segunda xornada dos Vermús na Taberna.
Eloy e Kike de A Horta do Obradoiro.
Lolo e Paula de A Artesa da Moza Crecha.
As rapazas de abril amenizaron a xornada.
Seguimos con Contos do Castelo, esta vez en Vilaverde.
Lisdexia chegou aos Seráns do Castelo cunha explosión de son.
Monoulios DOP pechou a noite cun concerto cheo de enerxía.
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.