O sétimo día do Castelo Conta en fotos

Hoxe o día comezou nas cociñas coas crianzas de Xente Miúda. Pasaron a mañá enteira elaborando pratos que logo se probaron nunha cata aberta ao público. Máis tarde, na taberna, celebramos de novo os Vermús, desta volta con Bea Sotelo e Bego Vázquez aos fogóns e Pava no escenario.

En Xalo, gozamos das ‘Mulleres que Contan’, un proxecto de Hadriana Casla que xa estivera presente na última edición do festival. O día pechouse coa esperadísima Gala dos Dez Anos, presentada por Xosé A. Touriñán. Nela entregáronse premios á veciñanza, houbo monólogos, actuacións, sorteos, concertos… E a festa culminou por todo o alto con DJ Mou.

 

Hoxe a cativada de Xente Miúda púxose ‘mans a masa’.
Ao rematar de cociñar, houbo unha cata onde se probaron as elaboracións.
Bea Sotelo e Bego Vázquez con Touriñán.
PAVA foi a encargada da música nos Vermús do xoves.
En Xalo, o econtro do proxecto Mulleres que Contan.
Federico Pérez presentou Contos de Castelo.
Hadriana Casla, a directora do proxecto Mulleres que Contan.
Xosé A. Touriñán inaugurou a Gala dos Dez Anos.
Escolleuse a papeleta gañadora do sorteo solidario con Ecos do Sur.
Celebrouse o concurso con Clínica Médico Dental Pardiñas.
A noite pechou con DJ Mou.
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.