Presentación do Castelo Conta 2025

O Castelo Conta celebra dez anos de historia e arrancámolo como sempre: xuntándonos para compartir festa, cultura e comunidade. Veciñanza, institucións e empresas déronse cita para coñecer a programación máis especial da historia do festival, cun cartel que mestura tradición, música, humor e memoria. Un adianto do que viviremos en agosto e unha mostra do que significa celebrar xuntos.

Fotos: Aigi Boga

Os representantes das institucións e empresas patrocinadoras posan coa programación desta décima edición do Castelo Conta.
Xosé A. Touriñán presentou a programación da edición coa que o festival celebra o seu décimo aniversario.
A veciñanza non quixo perder o acto que inicia a conta atrás para o Castelo Conta.
Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, destacou o traballo comunitario do Castelo Conta para poñer en valor a oralidade e a cultura desde o rural.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, comprometeu o apoio da Xunta para que “o festival siga medrando e sumando máis anos de vida”.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Riobóo, agradeceu o traballo da veciñanza e a colaboración entre institucións e empresas, que converten o Castelo Conta “nun dos festivais culturais máis importantes do país”.
Miguel Anxo Seixas, de Deleite, mostrouse encantado de seguir colaborando cun festival ao que chegaron na primeira edición e no que esperan estar moitos anos máis.
Cristina Canosa, de Estrella Galicia, expresou o compromiso da empresa cun festival que “non só ten unha gran programación, senón tamén uns valores que Estrella Galicia comparte”.
Lolo Mosteiro e Paula Martínez, de “A Artesa da Moza Crecha”, puxeron a música e os petiscos durante a festa de presentación.
A veciñanza de Castelo é unha parte fundamental no desenvolvemento do festival.
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.