Castelo acolle un curso sobre a constitución de agrupacións forestais de xestión conxunta

Organizado pola Asociación Forestal de Galicia, terá lugar este xoves no Centro Social a partir das sete da tarde.

O local social de Castelo, en Folgueira, será este xoves un interesante lugar de encontro para persoas e colectivos interesados nunhas interesante ferramenta para unha boa xestión do monte. A Asociación Forestal de Galicia organiza un curso sobre a constitución de agrupacións forestais de xestion conxunta, unha fórmula de organización da que poden participar asociacións de propietarios, sociedades ou cooperativas interesadas en traballar de forma coordinada e sostible na xestión de superficies agroforestais co fin de explotalas e poñelas en valor, evitando o seu abandono.

Este curso -xoves 15 de maio, 19.00, acceso libre- organízase en Castelo grazas ao traballo que a Comunidade de Montes Veciñais da nosa parroquia leva varios anos realizando para a revalorización e o coidado do Monte Xalo, a través de diferentes accións e actividades, moitas delas xunto coa Asociación Forestal de Galicia.

‘Espazos que contan en Castelo’: o 9 de maio participamos en Vedra no festival MARCO
Asemblea aberta e eleccións á Xunta Directiva da Asociación Cultural Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.