Contos de Castelo 2023 · A emigración

Nos últimos Contos de Castelo, presentados por Carretero e Lezcano, o tema vai de emigración, ese coitelo que á vez crea e mata.

Galicia é o principal exportador de Morriña do mundo. En palabras de Nacho Carretero, “non é algo do que enorgullecernos ni do que avergoñarnos; simplemente é un feito”. Raro é o caso dunha famila galega que non teña alguén no exterior, somos case tantos fóra como no propio país. Escoitamos as historias dos que marcharon facer as Américas, dos que se instalaron por Europa adiante e tamén dos que, estando preto, tardaron moitos anos en voltar.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.