A bodega Vía Romana, referente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, achegarase á Casa Rodríguez cunha cata que permitirá descubrir a riqueza vinícola desta zona única de Galicia. Co seu compromiso coa viticultura sostible e a elaboración coidadosa, os viños de Vía Romana son un reflexo do territorio e da historia que os viu nacer.
Durante a cata, os asistentes poderán coñecer diferentes referencias da adega, explorar matices, aromas e combinacións, e aprender máis sobre o proceso de elaboración que transforma a uva nun produto cheo de carácter. Todo nun ambiente próximo e distendido, que convida a gozar da experiencia e a brindar pola cultura galega en todas as súas formas.
