A noite grande das músicas populares: espontánea, participativa e chea de enerxía, a foliada do Castelo Conta é unha celebración colectiva onde todo o mundo é benvido a cantar, bailar e tocar.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
A noite grande das músicas populares: espontánea, participativa e chea de enerxía, a foliada do Castelo Conta é unha celebración colectiva onde todo o mundo é benvido a cantar, bailar e tocar.

Lidia India é unha das voces máis singulares da escena galega actual. Cun estilo que transita entre o folk, o blues e o pop alternativo, a súa música está chea de personalidade e emoción, cun universo sonoro que bebe tanto das paisaxes do interior como da rebeldía das voces silenciadas. Artista e compositora, Lidia leva anos deixando pegada nos escenarios cunha proposta íntima e poderosa que medra coa honestidade de quen canta dende dentro.
É unha desas artistas que fan que calquera lugar se converta nun espazo para parar, sentir e respirar xuntas. Ao longo dos últimos anos foi sumando concertos en festivais, ciclos culturais e espazos singulares, sempre coa mesma esencia: unha música que reconforta e cuestiona ao mesmo tempo.
Este mércores 6 de agosto, Casa Rodríguez acollerá o seu concerto nunha noite que tamén contará cunha boa sardiñada para acompañar. Porque a música sabe mellor cando vai da man do encontro, da conversa e do arrecendo a lume e peixe.