A compañía Paporrubio chega a Casa Rodríguez cunha das súas propostas máis queridas: unha tarde de xogos pensados para toda a familia, onde tradición e diversión van da man. A través de xogos populares, dinámicas cooperativas e moito enxeño, propoñen un espazo no que a rapazada e as persoas adultas poidan compartir tempo, risas e aprendizaxe ao aire libre.
Paporrubio leva anos recuperando e reinventando os xogos tradicionais para devolverlles o seu valor social, educativo e cultural. A súa forma de entender o lecer é tamén unha aposta pola transmisión oral, o vínculo entre xeracións e o respecto polos ritmos e saberes de antes. Os xogos non son só entretemento: son tamén ferramentas para crear comunidade.
Este venres, a taberna de Castelo volverá ser un punto de encontro para as familias, coa alegría do xogo como protagonista e coa porta aberta para quen queira volver xogar coma cando era neno.
