A festa remata da mellor maneira, xuntándonos no Campo da Capela para desfrutar o día cos veciños e coa música na sesión vermú na polideportiva.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
A festa remata da mellor maneira, xuntándonos no Campo da Capela para desfrutar o día cos veciños e coa música na sesión vermú na polideportiva.

A Romaría do San Ramón será, un ano máis, o gran peche do Castelo Conta. Despois dunha semana intensa chea de música, historias e encontros, o domingo está pensado para celebrar en comunidade con sabor á festa de sempre.
A xornada arrinca desde ben cedo coa tradicional alborada, na que os gaiteiros percorren a parroquia espertando á veciñanza.
Ao longo da mañá celebraranse misas na Capela de San Ramón, e a partir das 13.00 os coches clásicos chegarán a Castelo, pasando por todas as aldea da parroquia.
A festa continuará coa pulpada popular na polideportiva e a sesión vermú a cargo da Orquestra La Ocaband, que será a encargada de poñerlle música á tarde e de animar a que ninguén quede sen bailar.
Un día para compartir cos veciños, lembrar todo o vivido durante a semana e despedir o Castelo Conta con alegría, moita música e bo sabor de boca… mentres xa empezamos a pensar na próxima edición.