Para un festival sostible e comprometido.
Pulseira ‘Todo Castelo Conta’

Organizamos un festival sostible grazas a todas e todos os que vides cada ano a Castelo. Nesta edición dámosche a posibilidade de seguir apoiando o que facemos mercando, por 10 euros, a pulseira ‘Todo Castelo Conta’, coa que…
- Poderás acceder a todas as actividades que terán lugar entre o 23 e o 24 de agosto no cume do Monte Xalo, onde limitamos o aforo para preservar o entorno.
- Terás un desconto de 0,50 € en calquera consumición durante todo o festival.
- Levarás unha bolsa de tea do festival como agasallo.
Podes mercar a pulseira aquí mesmo, e recollela na taberna de Castelo a partir do 18 de agosto, ou no acceso ao auditorio do Monte Xalo.
As nenas e nenos de ata doce anos non precisarán de pulseira para o acceso ao Monte Xalo, se ben animamos a mercala igualmente como colaboración co festival.