Publicamos no noso Flickr todas as imaxes da última edición do festival, feitas por Aigi Boga.
Xa podes ver todas as fotos do Castelo Conta 2024
Sete días de festival dan para moito. Por exemplo, para contar co recordo fotográfico dunha semana inesquecible a través de máis de 2000 imaxes. Son obra de Aigi Boga, o fotógrafo que nos últimos anos retratou o que aconteceu en cada un dos lugares de Castelo ao que levamos esta festa.
A través destas galerías podes ver todas as fotos, ou acceder aos albumes en Flickr onde descargalas en alta calidade.
















