O último día do Castelo Conta 2025 combinou tradición, memoria e festa: comezou cunha alborada ao son da gaita e co recendo de café, seguiu cunha romaría con coches clásicos, pulpada e sesión vermú, e rematou cunha despedida colectiva que pechou dez días inesquecibles.
Si… e non. Explicámonos: para preservar a contorna do Monte Xalo limitamos o acceso a esta zona ás persoas que teñan a pulseira ‘Todo Castelo Conta’. Esta pulseira pódese mercar na web por 10,00 €, e leva asociadas algunhas vantaxes, entre elas, o acceso ao monte, un desconto en todas as consumicións no festival, ou unha bolsa de tea.
Para o concerto de Carlos Núñez non é precisa a pulseira (con ter a entrada é suficiente), e as nenas e nenos de menos de doce anos tampouco a necesitan o sábado e o domingo.


