Casa Rodríguez, a taberna do Castelo Conta, abre de novo as súas portas

O 1 de agosto ás 19:00, Casa Rodríguez reabre as súas portas para converterse de novo no corazón social de Castelo. Na inauguración estrearase o tema e o videoclip composto por Sés para o Castelo Conta.

Casa Rodríguez volve abrir. A histórica taberna de Castelo, corazón social da parroquia durante décadas, recupera o seu pulso un ano máis da man do Castelo Conta. A súa apertura terá lugar o venres 1 de agosto ás 19:00, cunha celebración moi especial: a presentación dun tema e un videoclip inédito de Sés, unha canción adicada a Castelo que promete emocionar.

Durante o mes de agosto, a taberna estará aberta todos os días de 10:00 a 23:00, e os venres e sábados prolongará o seu horario ata a 1:00 da madrugada. Durante a semana do festival, contará con horarios especiais, que se anunciarán nos vindeiros días.

Casa Rodríguez non é só un espazo de encontro e conversa, senón tamén un símbolo da memoria viva de Castelo. Será o punto de encontro por excelencia para todas as persoas que queiran compartir un viño, botar un conto ou simplemente deixarse levar polo ambiente.

A apertura de Casa Rodríguez marca o inicio da conta atrás para o Castelo Conta.

O Castaño da Grila
A historia que esconde a taberna do Castelo Conta
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.