Solidariedade e diversidade: Ecos do Sur súmase ao Castelo Conta

O festival contará cun espazo informativo da ONGD o domingo 24 e o xoves 28, ademais dunha cesta solidaria e dun suadoiro de edición especial, dos que Ecos do Sur recibirá integramente todo o recadado.

Na súa décima edición, o Castelo Conta reafirma o seu compromiso social e comunitario a través da colaboración con Ecos do Sur, organización que desde 1991 promovendo a participación, a igualdade de oportunidades e a integración social e laboral das persoas en situación de vulnerabilidade, migrantes e refuxiadas.

Este ano a colaboración materialízase no sorteo de tres cestas solidarias, compostas por produtos de beleza doados por Vegalsa-Eroski, produtos de Bonilla a la vista, Aceites Abril, Conservas Cambados, Polvarelo, o libro de Natalia Monje (‘Los Santos Salvajes’) asinado, outras achegas dos nosos colaboradores Clínica Pardiñas, Cafés Lúa e Méndez-Rojo, e a camiseta solidaria de Ecos do Sur.

Todo o recadado irá destinado á ONGD e á súa labor. As rifas, a un prezo simbólico de 2€, poderanse adquirir na taberna do Castelo Conta, Casa Rodríguez, e permitirán optar ao premio que se sorteará o xoves 28 durante a Gala dos Dez Anos. Non será preciso estar presente na gala para participar, xa que a persoa gañadora poderá recoller o seu agasallo noutro momento.

Ademais, nesta edición tamén se presenta unha camiseta solidaria de edición especial, creada en colaboración coa organización, que permitirá a quen decida mercala levar un recordo único do festival ao tempo que contribúe cun fin solidario.

Con iniciativas coma esta, o Castelo Conta dá un paso máis para construír un festival diverso, aberto e comprometido, no que a cultura e a solidariedade camiñan da man e fortalecen o sentimento de comunidade.

Estrella Galicia brinda pola cultura no Castelo Conta 2025
Todo o que debes saber da décima edición do Castelo Conta antes do comezo do festival
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.