Cata con Cafés Lúa

VENRES 29 DE AGOSTO|10:00 a 14:00

No Castelo Conta viaxaremos por todo o mundo a través dos aromas de Cafés Lúa. Durante a mañá do venres 29, a veciñanza e os pais e nais da cativada asistentes a Xente Miúda, poderán achegarse para degustar os seus cafés artesanais en Casa Rodríguez, a taberna do festival.

Fundada por Luz e Antonio en Carballo hai 35 anos, esta empresa familiar mantén viva a esencia do traballo ben feito, con coidado, tempo e compromiso. A través do oficio artesanal, Cafés Lúa permítenos acercarnos a sabores doutros continentes, todo isto mantendo as súas receitas naturais que non deixan a ninguén indiferente.

A degustación con Cafés Lúa será unha mañá para deixarse desfrutar, sorprenderse e probar.

Mou DJ Session
Chisco Jiménez + The Rapants
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.