Coa súa proposta fresca e chea de personalidade, SilvaRedonda chega o martes 12 de agosto ás 20:30, a Casa Rodríguez para ofrecer un concerto no que a música galega se reencontra co presente. O grupo combina tradición e contemporaneidade, explorando sonoridades de raíz con arranxos actuais que lle dan un novo brillo ás melodías de sempre.
Será unha actuación pensada para deixar pegada, onde a forza das voces e os instrumentos tradicionais se mesturará coa complicidade do público. Unha noite para vivir de preto a música que nos une, entre ritmos para bailar, cantar e deixar que a taberna se encha de enerxía compartida.
