A gala dos dez anos

Unha noite única para celebrar unha década de emocións, comunidade… e festa!

Xoves 28 de agosto|22:00

O xoves 28 de agosto o Castelo Conta vístese de gala para conmemorar dez anos de encontros, cultura e festa nunha noite pensada para emocionar, sorprender e facer memoria.

Un espectáculo que será tamén un percorrido polos momentos máis especiais destas dez edicións: instantes para rir, para lembrar e tamén para soñar co que está por vir. Non faltarán as sorpresas, o humor, a música en directo e os convidados especiais, que farán desta noite un auténtico espectáculo colectivo.

Será tamén unha ocasión para homenaxear á comunidade que fixo posible este camiño: as veciñas e veciños, os artistas, as persoas colaboradoras e todo o público que, ano tras ano, converteu o Castelo Conta nun lugar máxico e vivo.

Esta gala é un agradecemento, un recoñecemento compartido e, sobre todo, unha celebración: porque estes dez anos son de todas e todos.

Bea Sotelo e Bego Vázquez + PAVA
Mou DJ Session
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.