Cinco músicos de Monforte de Lemos que nos fan viaxar no tempo co seu proxecto, transformando os clásicos das últimas décadas en momentos de unión e desfrute para públicos de todas xeracións.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
Cinco músicos de Monforte de Lemos que nos fan viaxar no tempo co seu proxecto, transformando os clásicos das últimas décadas en momentos de unión e desfrute para públicos de todas xeracións.

Gin Toni’s é unha banda nada no Saviñao no ano 2013, liderada por Andrés Montes. O grupo, formado por cinco integrantes da Ribeira Sacra, adícase a versionar grandes éxitos do pop e do rock español desde os anos oitenta ata hoxe, convertendo cada canción nun momento único que motiva o desfrute compartido de diferentes xeracións.
A súa traxectoria está marcada por momentos clave como a actuación levada a cabo nas festas patronais de Monforte de Lemos no ano 2017, onde contaron cunha gran asistencia que lles axudou a gañar terreo incluso fóra da contorna galega, levando por diante, onde sexa que fosen, a súa máxima de ir a pasalo ben.
O seu repertorio é prácticamente atemporal, constituido por versións de temas de grandes referentes do panorama estatal, como Joaquín Sabina, Hombres G., Celtas Cortos, Fito y Fitipaldis, Jarabe de Palo… Pensada para cantar, bailar e vivir a música en comunidade, esta lista de cancións, xunto ao carisma e habilidade musical dos Gin Toni’s, fan que o público quede prendado desde o inicio da actuación.
Contan cun directo fresco e enérxico, co que conseguen crear un ambiente divertido e cheo de complicidade, facendo que cada concerto sexa unha viaxe no tempo a través dos momentos nos que eses clásicos das últimas décadas nos acompañaron.
No Castelo Conta, os Gin Toni’s, traerán esa alegría contaxiosa que transforma calquera escenario nunha auténtica festa interxeracional, unindo lembranzas da nosa memoria particular, e xente de todas as idades nun mesmo espazo.