A noite do Castelo Conta

A gran noite grande do humor galego, cos nomes máis populares da comedia do noso país xuntos sobre o escenario.

Sábado 30 de agosto|22.30
Polideportiva

A Noite do Castelo Conta é o gran encontro co humor galego, esa cita que pecha o Día Grande do festival celebrando o que mellor sabemos facer: rir xuntos.

Este ano, a polideportiva de Castelo volverá converterse nun auténtico templo do humor, nun espectáculo conducido por Xosé A. Touriñán. Un escenario no que se xuntan algunhas das voces máis queridas e divertidas do noso país para regalarnos unha noite de monólogos única.

Nesta edición subirán ao escenario nomes tan queridos como Pepo Suevos, David Amor, Quico Cadaval, Lucía Veiga, Marita Martínez, Patricia Castrillón, Gari Garrido, Oswaldo Digón, David Perdomo e Javier Veiga, acompañados polo propio Touriñán. Un elenco de luxo que garante risas, historias inesperadas e moitas sorpresas.

A Galifunk Brass será a encargada de poñer a música para unha gala coa que ir despedindo outra edición do festival.

O día grande: xantar, andaina e cea
Gin Toni’s
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.