Música Tradicional: Arnela + Ancoradoira

DOMINGO 17 DE AGOSTO|19:00

A tarde do domingo 17 será unha homenaxe á nosa música de raíz, coa actuación de dous proxectos que representan o presente vivo da tradición: Arnela e Ancoradoira. Ambos grupos traen á taberna unha proposta baseada no repertorio tradicional galego, actualizada dende o respecto, a paixón e o coidado polo detalle.

Arnela naceu co obxectivo de recoller e reinterpretar melodías transmitidas de xeración en xeración, coas voces femininas e os instrumentos tradicionais como protagonistas. Pola súa banda, Ancoradoira mestura músicas de diferentes zonas de Galicia con arranxos actuais que lle dan nova vida ás pezas de sempre. O resultado son actuacións que emocionan tanto aos que medraron escoitando estas músicas coma a quen as descobre por primeira vez.

Estes encontros na taberna será unha festa da memoria musical e un encontro entre xeracións. As cancións que gardamos no corpo e na voz non pasan de moda, e escoitalas en directo, nun espazo de reunión como Casa Rodríguez, é tamén un acto de celebración e pertenza.

Nomes de Castelo: Castelo de Abaixo e Donepedre
Concerto de Carabela
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.