Nomes de Castelo: Folgueira e Xalo

MARTES 12 DE AGOSTO|17:30

A segunda andaina polos Nomes de Castelo leva ao grupo ata Folgueira e Xalo, dous lugares cheos de memoria e significado. A través deste percorrido colaborativo, veciños e veciñas compartirán o nome dos lugares que habitan: penedos, soutos, fontes, eiras… unha cartografía emocional que non aparece nos mapas oficiais, pero que constrúe o verdadeiro relato do territorio.

Durante o camiño, iranse anotando os topónimos para incorporalos a un gran mapa colectivo da parroquia, mentres se escoitan historias ligadas á terra e que acontecementos deixaron pegada nunha pedra ou nun sendeiro.

Nomes de Castelo: Vilaverde e Xián
Gravación do podcast ‘Velai Vai’
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.