Nomes de Castelo: Vilaverde e Xián

LUNS 11 DE AGOSTO|17:30

Comeza o ciclo de andainas para recuperar a microtoponimia da parroquia, e faino por Vilaverde e Xián, dúas aldeas que gardan en cada camiño, leira ou prado un anaco de historia. Esta actividade convida á veciñanza a poñer en común os nomes tradicionais dos lugares que habitan e percorreron durante toda a vida, nun exercicio de memoria compartida e coidado do territorio.

Co apoio da Deputación da Coruña, e no marco dun proxecto de recuperación patrimonial, estas andainas convertiranse nun mapa vivo construído coa voz das persoas que coñecen o lugar como a palma da súa man.

Cé Orquestra Pantasma
Nomes de Castelo: Folgueira e Xalo
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.