Pulpiño Viascón será o encargado de abrir as sesións vermú do Castelo Conta. Asegura un directo cheo de retranca e un espectáculo libre, divertido e sorprendente.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
Pulpiño Viascón será o encargado de abrir as sesións vermú do Castelo Conta. Asegura un directo cheo de retranca e un espectáculo libre, divertido e sorprendente.

Detrás de Pulpiño Viascón, está Marcos Abal Vázquez, músico multiinstrumentalista, pallaso e verdadeiro Home Orquestra. O seu alcume vén da capacidade que ten para tocar unha cantidade inverosímil de instrumentos, de feito gústalle referirse a sí mesmo one band man, por ser quen de crear un universo sonoro como solista e en directo.
A súa proposta irrepetible e inclasificable percorreu festivais, salas e circos por Europa, levando a música popular galega ata o os recunchos máis inesperados. Entre as súas múltiples aventuras, ao longo de 25 anos de experiencia profesional, destacan as colaboracións con artistas como Manu Chao ou Susana Seivane, e proxectos tan singulares como a xira de Os libros arden mal, xunto ó escritor Manuel Rivas. Formou parte de grupos como Os Diplomáticos de Monte Alto ou Jarbanzo Negro, e ten publicados dous LPs a título persoal.
Coa súa Organeta ou Trikimachín, os nomes que lle da aos conxuntos de instrumentos que manexa, Pulpiño combina música, monólogo, improvisación e humor nun formato que él mesmo define como “concerto sen guion”.
O humor, a retranca, e o virtuosismo conviven nun directo onde todo pode pasar, e no que o público se converte en cómplice desde o primeiro minuto. Na primeira sesión vermú do Castelo Conta, o showman convídanos a rir, cantar e deixar que a música nos leve de viaxe polos recunchos máis imaxinativos.