A tarde no monte

Unha tarde para mergullarse nas historias do Xalo da man de Lois Vilar e descubrir a nova aplicación do monte, con decenas de contidos sobre o seu patrimonio natural e arqueolóxico.

SÁBADO 23 DE AGOSTO|18:30

Para preservar o Monte Xalo e a súa contorna, para acceder ás actividades do sábado 23 e o domingo 24 de agosto é preciso contar coa pulseira ‘Todo Castelo Conta’, que ademais leva asociadas distintas vantaxes durante todo o festival. MÉRCAA AQUÍ.

O Xalo será escenario dunha tarde moi especial, chea de historias e novas ferramentas para entender o monte.

Por unha banda, terá lugar a presentación do libro do escritor Lois Vilar, unha obra froito de máis de tres décadas de recollida oral. As súas páxinas convidan a mergullarse no patrimonio cultural e natural da vertente norte do Xalo, a través de topónimos, lendas, pedras habitadas, mámoas e outros elementos singulares que guían ao lector nunha auténtica viaxe no tempo. Un proxecto que nace co propósito de rescatar os saberes dos nosos devanceiros e poñer en valor a pegada humana que foi moldeando o monte ao longo dos séculos.

Presentarase tamén a nova aplicación do Monte Xalo, un proxecto desenvolvido pola produtora Undodez co financiamento das axudas a proxectos de dixitalización de última milla, promovidas polo Ministerio de Industria e Turismo a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Trátase dunha proposta inédita que recompila decenas de contidos sobre o patrimonio natural, arqueolóxico e antropolóxico do Xalo a partir das testemuñas das veciñas e veciños en distintos formatos, como vídeos, audios ou fotografías. Unha guía de viaxe para descubrir todo o que agocha o monte e entender o seu valor.

A do sábado será unha tarde para coñecer o Xalo a través da palabra e da tecnoloxía.

Pulpiño Viascón
Alana
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.