Nacho Moreira e Jorge Trigo + Brais Morán e Nasaufunk

Funk, soul e retranca acompañando a dous cociñeiros que converten a tradición en festa. Un vermú cheo de ritmo, alegría e sabor para comezar a semana con toda a enerxía.

Luns 25 de agosto|14:00 | VERMÚS NA TABERNA

O luns 25 de agosto os Vermús na Taberna do Castelo Conta propoñen unha combinación explosiva de música e gastronomía para dar a benvida á semana con ritmo e bo gusto.

Na parte musical, Brais Morán & Nasaufunk achegarán un directo cargado de groove, onde conflúen o funk, o soul e o reggae coa retranca. Unha proposta única que invita a bailar, rir e gozar sen complexos, cun son que conecta co público dende o primeiro acorde e que transforma cada concerto nunha auténtica celebración colectiva.

Na cociña, dous nomes que son sinónimo de creatividade e respecto polo produto local: Nacho Moreira, de La Esquina de Valentina (A Coruña), que reivindica as receitas de sempre cun toque fresco e actual, e Jorge Trigo, desde A Espiga (A Coruña), recoñecido pola súa maneira de reinterpretar a tradición galega cunha visión moderna e honesta, sempre co máximo respecto pola materia prima.

Xuntos, crearán un mediodía no que a música e a gastronomía danse a man para ofrecer unha experiencia única, chea de sabor, ritmo e conexión coa nosa identidade. Un encontro pensado para desfrutar cos cinco sentidos: bailar ao son do funk máis galego, saborear pratos que honran á nosa terra e brindar por todo aquilo que nos une.

Sés
Xabier Díaz: cancioneiro Serodio Galego
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.