Xente Miúda é o espazo reservado para a cativada no Castelo Conta. Unha semana na que gozar dunha gran variedade de actividades.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
Xente Miúda é o espazo reservado para a cativada no Castelo Conta. Unha semana na que gozar dunha gran variedade de actividades.




Xente Miúda é o espazo do Castelo Conta pensado para as nenas e nenos. Durante toda a semana poderán desfrutar dunha programación variada e pensada para estimular a creatividade, o coidado do medio ambiente e a conexión co noso patrimonio.
Nesta edición, as nenas e nenos gozarán de obradoiros artísticos coa natureza (da man de Iria do Castelo), andainas e plantacións nas horta de Cabrois, regueifas con Manolo Maseda, cociña creativa nas aldeas da man das veciñas e veciños, e unha mañá final con teatro e música acompañando a The Rapants sobre o escenario do festival.
As actividades, que terán lugar todas as mañás de luns a venres, estarán cheas de momentos de aprendizaxe, xogo e descubrimento.
Un programa pensado para descubrir a creatividade, o coidado do territorio e o valor da tradición, mentres se divirten e constrúen novas amizades.
Para nenos e nenas nadas entre 2013 e 2020 (incluídos)
Xente Miúda é unha actividade do Festival Castelo Conta, organizada pola Asociación Cultural Castelo Conta, con CIF G15750813.
Enténdese por “Participante”, os e as participantes no campamento para nenos Xente Miúda.
CONDICIÓNS XERAIS
A organización resérvase o dereito de realizar os cambios que considere oportunos para a mellora da actividade, antes ou durante a súa realización.
“O dereito á propia imaxe está recoñecido ao artígo 18. da Constitución e regulado pola Lei Orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, polo Regulamento (UE) 2016/679 e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantías dos Dereitos Dixitais”.
Coa inscrición, outórgase expresamente á Asociación Cultural Castelo Conta o permiso para empregar aquel material fotográfico e/o audiovisual no que aparezan os e as participantes, con fins de promoción e información do campamento. Estes e outros documentos persoais pasarán a formar parte dunha base de datos de uso privado da Organización que se empregará, única e exclusivamente, para xestionar a actividade, dar a coñecer as actividades do festival Castelo Conta, a xeración de rexistros e recordos, ou calquera outro tipo de fin promocional.
A organización non se fai responsable da perda ou deterioro de roupa e obxectos persoais. Os obxectos persoais esquecidos poderán ser recollidos a partir do 28 de agosto contactando coa organización no teléfono 689 882 972 ou no correo electrónico ola@casteloconta.gal.
INFORMACIÓN SANITARIA
As nais, pais ou titores legais deberán proporcionar por escrito calquera tipo de información sanitaria relevante para o desenvolvemento das actividades. En caso de non facelo, entenderase que o/a participante atópase en perfecto estado de saúde e pode intervir en todas as actividades programadas. A Asociación Cultural Castelo Conta queda, deste xeito, liberada de calquera responsabilidade derivada da omisión desta información.
Autorízase expresamente aos responsables da actividade a que, en caso de accidente ou outra situación de emerxencia, adopten as decisións que por urxencia ou imposibilidade de comunicación coas nais, pais ou titores do menor sexan necesarias para garantir a súa integridade e seguridade, tales como traslados ao hospital, etc. Esta autorización esténdese ás decisións médico-cirúrxicas que fose necesario adoptar en caso de extrema urxencia, sempre baixo a dirección facultativa pertinente, renunciando expresamente a esixir responsabilidade algunha por lesións que puidesen orixinarse como consecuencia das actividades que se realicen nas actividades.
Non está permitida a asistencia de ningún/a participante con enfermidades ou sintomatoloxías susceptibles de ser contaxiosas. Especialmente, establécese a obrigatoriedade de prevención, hixiene e promoción da saúde fronte a COVID-19. A organización apela á responsabilidade das familias neste sentido.
No caso de que o/a participante presente vómitos, diarreas, febres, arrefriados etc., solicitarase ao seu contacto de emerxencia que o recolla o máis axiña posible.
SEGURO DE ACCIDENTES
Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de responsabilidade accidentes, xa incluído no prezo da inscrición. No caso de que o sinistro exceda a cobertura do seguro, os gastos correrán por conta do/da participante.
COMPORTAMENTO
En caso dunha falta grave, mal comportamento continuado ou incumprimento consciente das normas das actividades, o/a participante será amoestado/a, e se estas actitudes persisten, poderá ser expulsado/a de a actividade. Se ademais se producise algunha desfeita material nas actividades ou nalgún ben material, serán as nais, pais ou titores do/da participante que o ocasione quen se fará cargo, debendo abonar os gastos ocasionados.
AUTORIZACIÓN DE RECOLLIDA
Ao final de cada xornada, só poderán recoller ás nenas e nenos aquelas persoas indicadas e sinaladas no momento da inscrición. Para ampliar a autorización a persoas que non foron indicadas nun primeiro momento, será preciso que a nai, pai ou titor/a o indique por escrito á organización.
CANCELACIÓN
En caso de cancelación da participación antes do seu comezo, se esta cancelación se producise ata 15 días antes do inicio das actividades, a organización fará un reembolso do 50% do importe da praza. Con menos de 15 días de antelación non se realizará ningún reembolso. As solicitudes de cancelación realizaranse por escrito no correo electrónico xentemiuda@casteloconta.gal.
Unha vez o participante comezase o Campamento, non habrá dereito a devolución de cantidade algunha.
NÚMERO MÍNIMO DE PARTICIPANTES
No caso de que non se cubra o número mínimo de participantes necesarios para a realización da actividade, a organización poderá cancelala sen custo algún para os e as rexistradas, reembolsando o abono correspondente que se realizase.
PROTECCIÓN DE DATOS
De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, Xenta Miúda poderá tratar os datos persoais dos participantes, que achegan na correspondente solicitude, en ficheiros debidamente reflectidos nos rexistros de tratamentos das respectivas empresas.
Tales datos persoais serán tratados exclusivamente para poder xestionar o obxecto da solicitude durante o seu período de vixencia ou durante o tempo en que poidan legalmente formularse reclamacións en relación ás obrigacións nel establecidas, non estando prevista máis cesión a terceiros.
Xenta Miúda comprométese a respectar a confidencialidade dos datos persoais dos participantes e a utilizalos únicamente dacordo coa súa finalidade.
Os participantes quedan informados da existencia do Tratamento no que se tratarán os datos achegados neste contrato para a xestión e desenvolvemento das súas funcións comprendidas neste contrato. Sendo os responsables as partes do enunciado.
Á correspondente solicitude, no caso de que o participante sexa menor de idade, a solicitude deberá ser formalizada polos seus pais, titores ou os seus representantes legais anexando copia do seu DNI, para acreditar a súa identidade. Tamén poderán formular as reclamacións que estimen oportunas diante da Axencia Española de Protección de Datos se entendesen que os seus dereitos non están a ser convenientemente atendidos (www.aepd.es).
A inscrición e participación na actividade Xente Miúda implican a aceptación destas condicións.
Moitas grazas!
XENTE MIÚDA