Contos de Castelo

As tardes no Castelo Conta son para falar, escoitar e compartir. Os Contos de Castelo celebran a oralidade como ferramenta para gardar e transmitir a nosa memoria.

Do luns 25 ao venres 29|18:30

As tardes no Castelo Conta son para falar, escoitar e compartir. Os Contos de Castelo volven como ese espazo máxico no que se mesturan historias, anécdotas, lembranzas e música, celebrando a oralidade como ferramenta para gardar e transmitir a nosa memoria.

Nesta edición, as conversas estarán conducidas por un equipo ben especial, formado por Óscar Cruz (guionista), Isabel Garrido (actriz), Fátima Pego (presentadora), Tone Martínez (actor) Marga Pazos (xornalista), Federico Pérez (actor), acompañados por Xosé A. Touriñán.

Falaremos do papel da música tradicional na nosa identidade, da xuventude vivida a través das diferentes xeracións, da arte da improvisación, e incluso do mundo audiovisual e as novas tendencias.

As aldeas de Castelo transformaranse nun espazo onde veciños, artistas e público se xuntan para manter acesa a chama do contar e facernos coñecer a historia do lugar e as persoas que o manteñen vivo.

Xente Miúda
Carlos Núñez
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.