Méndez-Rojo, adega galega con máis de 80 anos de historia e cinco denominacións de orixe, únese ao Castelo Conta para brindar, desde a taberna do Castelo Conta, pola tradición, a cultura e o territorio que nos une.
MÉNDEZ-ROJO: O SABOR DA TERRA QUE SE SINTE NO PADAL
No Castelo Conta celebramos as historias que medran enraizadas na terra, como é o caso de Méndez-Rojo. Esta adega galega, fundada en 1940, é o froito dun legado familiar cunha historia emotiva. Javier Méndez e Ana María Rojo foron predecesores do proxecto co seu pequeno local de venta de viños en Chantada, e inspiraron ao seu fillo, Juan Luis Méndez Rojo, quen fundou a adega que hoxe coñecemos, como homenaxe a seus pais. A súa esencia é a admiración polo territorio, que permite que este proxecto se manteña vivo de xeración en xeración.
Con viños procedentes das cinco denominacións de orixe galegas -Ribeira Sacra, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeiro e Monterrei-, Méndez-Rojo recolle nas súas botellas a diversidade e autenticidade de cada paisaxe. É un proxecto que entende o viño como memoria líquida da nosa cultura, un traballo que combina experiencia, coidado e respecto polo produto para ofrecer calidade e identidade en cada copa.
Ademais, desde as súas adegas, abren as portas ao público con propostas de enoturismo e eventos culturais como as “Noites Méndez-Rojo”, onde a música e a gastronomía acompasan a experiencia do viño.
Nesta décima edición, Méndez-Rojo estará presente na taberna do Castelo Conta, para que os asistentes poidan degustar os seus viños e, con eles, un anaco da nosa historia. Unha colaboración que nace do arraigo, da aposta pola cultura galega e do desexo de brindar, xuntos, polos dez anos dun festival que tamén é fillo da terra.
