A noite grande das músicas populares: espontánea, participativa e chea de enerxía, a foliada do Castelo Conta é unha celebración colectiva onde todo o mundo é benvido a cantar, bailar e tocar.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
A noite grande das músicas populares: espontánea, participativa e chea de enerxía, a foliada do Castelo Conta é unha celebración colectiva onde todo o mundo é benvido a cantar, bailar e tocar.

A noite do mércores 27 remata por todo o alto coa Gran Foliada do Castelo Conta, unha celebración aberta e chea de música onde a festa é protagonista e o protagonismo, de quen queira participar.
A partires das 22:30h, a música tradicional, os instrumentos populares e a improvisación toman o escenario para crear unha noite máxica de baile, canto e alegría colectiva. Un encontro pensado para desfrutar sen guión, na que se mesturarán asistentes, bailadores e músicos para compartir ritmos, historias e moita troula.
A foliada é o corazón da festa: tradición viva, música sen filtros e momentos que só poden acontecer aquí, ao carón da comunidade. O remate perfecto para unha xornada chea de cultura, identidade e celebración no Castelo Conta 2025.