Unha viaxe audiovisual para descubrir as voces que manteñen viva a regueifa na Galicia contemporánea.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
Unha viaxe audiovisual para descubrir as voces que manteñen viva a regueifa na Galicia contemporánea.

O mércores 27 de agosto, ás 21:30h, o Castelo Conta acolle a presentación e estrea do documental Ao son da Nova Regueifa, un proxecto que explora o presente e o futuro desta arte que mestura música, oralidade e improvisación.
A través de testemuñas, música e imaxes con moita forza, o documental recolle o percorrido por diferentes lugares do país na busca de novas voces femininas dentro do mundo da regueifa, visibilizando o talento e a creatividade das regueifeiras actuais.
Unha proxección que é tamén un acto de reivindicación cultural, unha homenaxe á improvisación e ao poder da palabra, e unha oportunidade para coñecer de preto as protagonistas que están a renovar esta tradición tan viva.
Unha cita imprescindible para quen queira mergullarse nas raíces e no futuro da regueifa.