Recoñecido internacionalmente e con máis de vinte e cinco anos en activo, Carlos Núñez, ademáis de músico, é un gran explorador das conexións da música celta no mundo.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
Recoñecido internacionalmente e con máis de vinte e cinco anos en activo, Carlos Núñez, ademáis de músico, é un gran explorador das conexións da música celta no mundo.

Carlos Núñez é un dos artistas galegos máis recoñecidos a nivel internacional, e tamén un dos grandes nomes da música celta contemporánea. A traxectoria do seu proxecto destaca pola combinación entre habilidade, curiosidade e paixón pola cultura celta. A súa relación cos irlandeses The Chieftains foi clave para o seu impulso internacional, abríndolle portas a escenarios de todo o mundo.
O seu traballo está marcado pola constante busca de conexións entre Galicia e as músicas tradicionais doutros lugares, converténdose en referente da escena celta global. Ao longo da súa carreira explorou camiños innovadores, facendo así que o seu repertorio sexa unha mestura entre tradición e vangarda, sempre mantendo vivo o vínculo coa identidade galega.
Coa súa discografía, Carlos Núñez logra situar Galicia no mapa das músicas de raíz, reivindicando sons que forman parte da nosa identidade nun contexto internacional.
O Castelo Conta será unha das paradas da súa xira Lugares Mágicos, na que Carlos Núñez busca resaltar o patrimonio cultural, musical, arquitectónico e natural do noso país. Neste caso, o concerto levarase a cabo no Monte Xalo, creando un ambiente único ao aire libre, completamente rodeado de natureza, emoción e historia.
Os seus concertos son unha celebración colectiva, unha experiencia que, neste escenario tan especial, promete converterse nun encontro inesquecible.