Monte Xalo

O Xalo rodea a Castelo, e a parroquia abraza ao monte. A Comunidade de Montes Veciñais de Castelo xestiona unha parte da superficie forestal, onde se atopa a zona de pedras coñecida como O Petón. Xusto ao carón celebramos parte da programación do Castelo Conta este ano.

COMO SE ACCEDE AO MONTE?

O acceso á zona de lecer e de concertos no monte non é accesible con vehículos particulares. Terás que deixar o coche no aparcadoiro que atoparás no acceso á pista forestal ao Xalo, e desde alí, ou ben empregar o servizo de buses lanzadeira de balde que teremos habilitado durante toda a fin de semana (haberá unha viaxe cada media hora, ás horas en punto e ás horas e media), ou ben ir camiñando.

A viaxe en bus é duns 5 minutos. Se vas camiñando tardarás uns 20 minutos. En calquera dos dous casos, terás que deixar o coche no aparcadoiro. A nosa opción preferida é a de subir a pé, por moitas razóns: sostibilidade, coñecemento da contorna, desconxestionar o acceso… En calquera caso, serás libre de escoller, e non terás que facer unha reserva previa.

Ubicación do aparcadoiro ↗ 

Para preservar a contorna do Monte Xalo limitamos o acceso a esta zona do Monte Xalo ás persoas que teñan a pulseira ‘Todo Castelo Conta’. Esta pulseira pódese mercar na web por 10,00 €, e leva asociadas algunhas vantaxes, entre elas, o acceso ao monte, un desconto en todas as consumicións no festival, ou unha bolsa de tea. Para o concerto de Carlos Núñez non é precisa a pulseira (con ter a entrada é suficiente), e as nenas e nenos de menos de doce anos tampouco a necesitan o sábado e o domingo.

Domingo 24
19:00

Sés

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.