De Vacas

O grupo que fai da música un xogo divertido e cheo de complicidade: catro voces que reinventan grandes éxitos con harmonías impecables, humor, creatividade e moita personalidade.

Luns 25 de agosto|21:30

De Vacas é un dos proxectos máis orixinais e sorprendentes da música galega actual. Este cuarteto, formado por Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández, fixo da reinterpretación humorística e creativa a súa seña de identidade.

O grupo naceu coa idea de versionar grandes éxitos da música internacional para convertelos en temas icónicos e cheos de retranca. Cancións que todo o mundo coñece, desde temas pop ata clásicos latinos, son revisitadas con harmonías vocais impecables e unha posta en escena cargada de humor e complicidade. Así, dándolle unha volta aos clásicos de sempre, conseguiron conquistar público de todas as idades.

A proposta de De Vacas é fresca e intelixente, demostrando que a música tamén pode ser un espazo para o xogo e a risa sen renunciar á calidade artística. As súas versións, sorprendentes e divertidas, son capaces de converter calquera canción nun momento único e inesperado. As letras seguen na liña do compromiso con causas como o feminismo ou o ecoloxismo.

Polos traballos realizados ao longo da súa traxectoria, recibiron diferentes galardóns, como os Premios Martín Códax da Música, na categoría de Coros e Música Vocal (2016) ou o Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo, como recoñecemento da súa labor feminista en prol da igualdade de xénero (2018).

A súa sonoridade marca a natureza do grupo, enérxica e xuvenil, facendo de cada directo unha experiencia festiva onde o público non só escoita, senón que participa, canta e goza dunha fantasía divina.

O seu concerto no Castelo Conta promete ser un dos momentos máis desenfadados do festival, no que os espectadores formarán parte do espectáculo como cómplices da experiencia, vivindo en primeira persoa un auténtico estoupido de enerxía e bo humor.

Xabier Díaz: cancioneiro Serodio Galego
Kike Piñeiro, Eloy Cancela, Lolo Mosteiro e Paula Martínez + Abril
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.