A tradición que cobra vida a través da danza: o grupo de baile de Castelo será protagonista do serán do mércores 27 de agosto coa súa primeira actuación.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
A tradición que cobra vida a través da danza: o grupo de baile de Castelo será protagonista do serán do mércores 27 de agosto coa súa primeira actuación.

O grupo de baile do Castelo Conta estréase logo de todo un ano de ensaios cunha mostra chea de enerxía e alegría.
Nesta cita especial as e os compoñentes do grupo, formado a finais do pasado verán, con máis de cincuenta compoñentes, actuarán por primeira vez diante das e dos seus veciños, e de todo o público do festival.
A gran foliada do Castelo Conta en Xalo será o mellor escenario para celebrar o orgullo de manter vivas as nosas tradicións, con música, baile e moita festa.