O Castelo Conta acolle un dos fenómenos escénicos máis queridos e celebrados dos últimos anos: Somos Criminais e punto final, a terceira e última entrega deste exitoso proxecto.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
O Castelo Conta acolle un dos fenómenos escénicos máis queridos e celebrados dos últimos anos: Somos Criminais e punto final, a terceira e última entrega deste exitoso proxecto.

Despois de dúas xiras nas que fixeron rir a milleiros de persoas, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco regresan ao escenario con Somos Criminais e punto final, cumprindo coa súa parada obrigatoria no Castelo Conta.
Neste espectáculo, os dous cómicos volven mergullarse no noso carácter, nas costumes e nas pequenas cousas que nos fan únicos. Analizan, sempre con retranca e complicidade, a nosa maneira de socializar, celebrar, falar e incluso pensar. Cada detalle convértese en materia prima para rir de nós mesmos e recoñecernos desde o humor.
O espectáculo conta a historia da fin do mundo en Galicia, onde unha nave está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo. Os capitáns (Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco), son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito sen deixar atrás o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado.
Un espectáculo pensado para celebrar quen somos, rir a gusto e saír coa sensación de formar parte dunha gran familia. Porque se algo nos une, é saber rir de nós mesmos.