Xantar no monte

Non hai festa sen xantar compartido, e na que celebramos a primeira fin de semana do festival no Xalo, non faltará de nada…

DOMINGO 24 DE AGOSTO|15.30

Para preservar o Monte Xalo e a súa contorna, para acceder ás actividades do sábado 23 e o domingo 24 de agosto é preciso contar coa pulseira ‘Todo Castelo Conta’, que ademais leva asociadas distintas vantaxes durante todo o festival. MÉRCAA AQUÍ.

Logo da sesión vermú máis especial do festival coas Tanxugueiras, o gran xantar da festa no monte. Ao carón do auditorio natural que preparamos no monte disporemos varios postos de comida e bebida para desfrutar dunha tarde inesquecible na parte máis alta do Xalo.

A mellor forma de pasar o inicio da tarde mentres que non chega o serán, e o concerto de Sés, para despedir a primeira fin de semana do Castelo Conta, e preparar o comezo da semana máis agardada do ano en Castelo.

Tanxugueiras
Sés
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.