A proposta musical que parte das raíces galegas para transformar o repertorio popular nunha experiencia actual a través de novas sonoridades, creando así unha nova forma de entender a música e a tradición.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
A proposta musical que parte das raíces galegas para transformar o repertorio popular nunha experiencia actual a través de novas sonoridades, creando así unha nova forma de entender a música e a tradición.

Alana é un trío musical que nace co propósito de poñer en valor a música tradicional, mesturándoa con ritmos de base electrónica e pop para achegala a novos públicos. Tratan de crear unha nova maneira de sentir a música galega sen que esta perda a súa identidade.
O proxecto, formado por Antía Vázquez (voz e pandeireta), Pablo Castro (gaita e percusión) e Eloy Vidal (voz, teclado, guitarra e baixo electrónico), parte de recollidas e investigacións do repertorio popular para reinterpretar as melodías tradicionais con frescura e personalidade.
Este traballo tan innovador conseguiu, no ano 2023, o Premio Xuventude na categoría musical, un recoñecemento que non fixo máis que impulsar a súa proposta, pois tan só un ano despois publicaban o seu primeiro álbum O xeito á Cantigha. Este, componse de catorce temas e leva un título que homenaxea á cantareira Delfina de Cerceda, quen inspirou a frase coa que o grupo quixo reivindicar a maneira propia de sentir a música, o seu carácter e a súa personalidade.
Os concertos de Alana convértense nun espazo onde tradición e modernidade se dan a man, convidando ao público a descubrir cómo vivir a nosa música dun xeito diferente. A súa participación no Castelo Conta será unha oportunidade única para gozar desta nova onda que mantén viva a nosa esencia con sonoridades e enerxías propias do presente.