Ortiga

Ortiga revoluciona o panorama musical galego cunha das propostas máis frescas e irreverentes, convertendo a música de verbena nunha experiencia contemporánea.

Sábado 23 de agosto|23:00

Para preservar o Monte Xalo e a súa contorna, para acceder ás actividades do sábado 23 e o domingo 24 de agosto é preciso contar coa pulseira ‘Todo Castelo Conta’, que ademais leva asociadas distintas vantaxes durante todo o festival. MÉRCAA AQUÍ.

Ortiga é o proxecto musical en solitario de Manuel González, un artista compostelán que revolucionou a escena galega cunha mestura atrevida e chea e humor. A súa música, con letras directas e divertidas, fusiona sons de verbena, cumbia, merengue e electrónica, sen deixar atrás o uso alternativo do autotune.

Co seu estilo único, Ortiga conecta co público e consegue recuperar o espírito popular das celebracións de antes, ainda que cunha estética contemporánea e irreverente. Os seus concertos son unha auténtica festa e, en efecto, a excusa perfecta para bailar, rir e cantar.

Desde o seu debut en 2019, foi quen de consolidar un público fiel e entusiasta, triunfando sobre todo entre os xóvenes, atraídos pola súa enerxía e pola súa capacidade de converter calquera lugar onde soase unha das súas cancións nunha romaría moderna.

Os seus álbumes Chicho & Sus Chichas (2019) e Sabes el Camino que Elegí (2021), son traballos que amosan a súa aposta constante por romper fronteiras estilísticas, fusionando ritmos e xéneros con naturalidade e sentido do humor. No seu último sinxelo, As Mociñas (2025), dalle outra volta ao seu son e achégase, nesta ocasión, á guaracha electrónica. Non poden pasar desapercibidas colaboracións como a que levou a cabo con Pili Pampín, xunto á que versionou as cancións máis típicas da verbena, achegándolles un toque urbano e actual.

O seu concerto promete ser un dos momentos máis festivos: un convite a deixar prexuizos fóra e entregarse á música con sentido do humor e moita liberdade. Con Ortiga, a esencia de compartir e celebrar, asegura estar máis viva que nunca no Castelo Conta.

Alana
Bibopalula
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.