O Castelo Conta acolle unha función infantil moi especial: Bibopalula, o primeiro musical en galego para nenas e nenos, no escenario do Monte Xalo.

Esta é a web da pasada edición do Castelo Conta 2025. Visita a web actual aquí.
O Castelo Conta acolle unha función infantil moi especial: Bibopalula, o primeiro musical en galego para nenas e nenos, no escenario do Monte Xalo.

Bibopalula é unha festa en escena. Unha viaxe divertida e delirante onde a música se converte na verdadeira protagonista, convidando a cantar, bailar e deixar voar a imaxinación. A primeira serie musical de debuxos en galego transfórmase en espectáculo teatral con Robin, Merli, Pegui e Carpin sobre as táboas, acompañados de Pombo e o Señor Moucho.
Ava, unha experta observadora de paxaros cuxa pasión é o bosque e toda a vida que este alberga, acompaña á Banda do Bosque nunha misión aos protagonistas a vivir momentos emocionantes arredor de todo o que ofrece a natureza.
Un espectáculo cheo de enerxía e alegría que fará gozar tanto ás crianzas como ás persoas adultas.